Guipúscoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia de Guipúscoa")
Provincia de Guipúscoa
Gipuzkoako Probintzia
Guipúzcoa.svg Escudo de Guipuzcoa.svg
Provincia Gipuzkoa.png
Capital Donostia
Área 1.909 km²
Poboación 705.698 hab. (2009)
Densidade 366,89 hab./km²
Concellos 88
Xentilicio Guipuscoano/a [1]
Provincia de Guipúscoa no País Vasco

Guipúscoa[1] (en éuscaro e oficialmente,: Gipuzkoa; en castelánGuipúzcoa) é unha provincia da Comunidade Autónoma Vasca (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés). A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Localidades importantes[editar | editar a fonte]

Ademais da capital provincial, na costa destacan Irun, Hondarribia, Pasaia e Zarautz. Entanto Arrasate, Tolosa, Errenteria, Bergara, Azpeitia e máis Eibar, son poboacións importantes no interior do seu territorio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na zona litoral as montañas chegan até o mar. As rías son pouco profundas (Deba, Orio, Pasaia), excepto a do Bidasoa, que fai de fronteira con Francia. Na zona central hai unha rede de ríos a beira dos cales se sitúan os principais centros industriais. A zona sur é a máis montañosa e onde se erguen as cimas máis elevadas (Aizgorri, 1.544 m).

Vista de Getaria

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo atlántico con oscilacións de temperaturas non demasiado fortes, mais chuvia abundante e repartida durante todo o ano. En Donostia a temperatura media do mes máis frío é de 7,8 °C e a do máis cálido de 15,1 °C. A media de precipitacións anual é de 1.506 mm. En consonancia a vexetación é atlántica, con faias, carballos e gran abundancia de pradeiras.

Macizo do Aizkorri desde Urbia

Economía[editar | editar a fonte]

A economía guipúscoana está caracterizada polo seu forte desenvolvemento da industria, pero ao contrario que Biscaia, que se desenrolou a partir da industria pesada siderúrxica, Guipúscoa puxo en marcha unha industria lixeira diversificada sen perder. As industrias principais son a metalúrxica, a téxtil, a fabricación de armas e a de artes gráficas. A agricultura consiste sobre todo na obtención de forraxes para a gandería bovídea, que abastece a importantes empresas alimentares. No litoral é moi importante a pesca (Pasaia é o porto pesqueiro máis importante), e máis tamén o turismo.

A rede de estradas e de ferrocarrís está ben desenvolvida. Hai aeroporto en Hondarribia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guipuscoano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guipúscoa

Outros artigos[editar | editar a fonte]