Provincia de Biscaia - Bizkaia
| Capital | Bilbao |
| Área | 2.217 km² |
| Poboación | 1.152.658 hab. (2010) |
| Densidade | 519,92 hab./km² |
| Concellos | 112 |
| Xentilicio | Biscaíño/a ou biscaítarra |
Biscaia (en éuscaro: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur coa provincia de Álava, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.
A provincia esténdese por unha superficie de 2.217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1.139.863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².
Etimoloxía [editar]
O termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar (loma). No ano 1141 en referencia á cima do monte Igueldo de San Sebastián, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.
Poboación [editar]
Segundo o censo INE 2007, Biscaia conta con 1.141.457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación é de 514,1 hab/km;, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.
| Concellos máis poboados (2010)[1] |
|||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posición | Concello | Poboación | |||||
| 1ª | Bilbao | 353.187 | |||||
| 2ª | Barakaldo | 99.321 | |||||
| 3ª | Getxo | 80.277 | |||||
| 4ª | Portugalete | 47.856 | |||||
| 5ª | Santurtzi | 47.004 | |||||
| 6ª | Basauri | 42.452 | |||||
| 7ª | Leioa | 29.217 | |||||
| 8ª | Sestao | 29.224 | |||||
| 9ª | Galdakao | 29.254 | |||||
| 10ª | Durango | 28.261 | |||||
| 11ª | Erandio | 24.294 | |||||
| 12ª | Amorebieta-Etxano | 17.969 | |||||
| 13ª | Bermeo | 17.026 | |||||
| 14ª | Mungia | 16.527 | |||||
| 15ª | Gernika-Lumo | 16.295 | |||||
Notas [editar]
- ↑ Fonte: INE Instituto Nacional de Estatística de España (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro [1]
|
|
|||||||||
|
|||||||