Provincia de Andizhan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia de Andijon")
Provincia de Andijon
Andijon viloyati
Андижон вилояти
Capital: Andizhan
Superficie: 4.200 km²
Poboación:  
 - Total 1.899.500 (2005)
 - Densidade: 452 hab./km²;
Gobernador: Saydullo Begaliyevich Begaliyev
Fuso horario:
Xentilicio:
ISO 3166-2: UZ-AN
Sitio Web: www.andijan.gov.uz
Mapa
Provincia de Andillán en Uzbekistán

A Rexión de Andizhan ou Provincia de Andizhan (usbeco: Andijon viloyati; Андижон вилояти), é unha división administrativa, coñecida como viloyati, de Usbequistán, situada na zona oriental do país. Limita con Quirguicistán en case tódalas direccións, salvo ao suroeste por onde limita coa provincia usbeca de Ferganá e ao noroeste coa provincia de Namangán, formando parte do val de Ferganá.

Andillán é a provincia máis densamente poboada de Usbequistán. Dividida en 14 distritos administrativos, a súa capital homónima ten 350.000 habitantes. Outras cidades importantes son Asaka (Leninsk), Xonobod, Shahrixon (Moscovskiy), e Qorasuv.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da provincia é tipicamente continental, con diferenzas extremas entre as temperaturas invernais e as estivais.

Economía[editar | editar a fonte]

Recursos minerais[editar | editar a fonte]

Os seus recursos naturais inclúen xacementos de petróleo, gas natural, ozocerita e calcaria.

Agricultura[editar | editar a fonte]

A agricultura da rexión baséase principalmente no cultivo do algodón, de cereais e na viticultura. Destaca tamén o cultivo do melón e da sandía en zonas exclusivamente de rego, así como a cría de gando vacún.

Industria[editar | editar a fonte]

Inclúe a metalurxia, a industria química, e industria lixeira coma a de procesado de alimentos. Na cidade de Asaka atópase a primeira cadea de montaxe automobilística da Asia Central.