Provincia Chai Nat
| Chai Nat | |
| Capital | Chai Nat |
| Rexión | Rexión Central |
| Poboación | 359.829 habitantes |
| Censo | abril de 2000 |
| Área | 2.469,7 km² |
| Densidade | 145,70 hab/km² |
| Poboación estimada | 350.547 habitantes (xullo de 2002) |
| Localización da provincia | |
![]() |
|
Chai Nat (en lingua tailandesa: จังหวัดชัยนาท) é unha provincia da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chai Nat.
Índice |
Xeografía [editar]
Chai Nat está situado sobre a chaira do val central de Tailandia, no río Chao Phraya. No sur da provincia de Chao Phraya (antes Chai Nat) atópase a presa do río Chao Phraya, tanto para controlar inundacións, así como para desviar a auga no sistema de regado máis grande do país para os cultivos de arroz na parte inferior do río. A presa acabouse de construír no ano 1957 e foi a primeira presa construída en todo o Reino de Tailandia.
Limita coas provincias de, empezando polo norte e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Nakhon Sawan, Sing Buri, Suphan Buri e Uthai Thani.
Historia [editar]
Orixinalmente a cidade principal era Sankhaburi. No reinado do Rei Mongkut (Rama IV), o principal asentamento da provincia estableceu a súa localización actual. Durante as guerras contra os birmanos, foi unha importante base militar, e como todos estes enfrontamentos obtiveron éxito, a cidade obtivo o nome de Chai Nat, que significa lugar de vitoria.
Símbolos [editar]
A selo provincia amosa a roda de Dharma, e detrás desta, represéntase o monte Khao Phlong e o río Chao Phraya. A roda simboliza a fe dos habitantes.
A árbore provincial é a Aegle marmelos, e a flor é a Cassia javanica.
O lema da provincia é: "Venerable Luangpu Suk, renomeada presa de Chao Phraya, famoso Parque dos Paxaros e saboroso Khao Taengkwa Pomelo".
Distritos [editar]
A provincia está subdividida en 6 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos son divididos á súa vez en 53 comunas (tambons) e estas en 474 poboados (moobans).
| Amphoe | King Amphoe | |
|---|---|---|
