Provincia de Bueng Kan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia Bueng Kan")
Bueng Kan
Capital Bueng Kan
Rexión Rexión Nordeste
Poboación habitantes
Censo
Área 4.305 km²
Densidade 90 hab/km²
Poboación estimada 390.000 habitantes (2011)
Localización da provincia
Thailand Bueng Kan locator map.svg

Bueng Kan (en tai บึงกาฬ) é a 76ª provincia (changwat) da Tailandia, situada na Rexión Nordeste, en funcionamento desde o 23 de marzo de 2011. A provincia formouse a partir de distritos (amphoe) provenientes da Provincia Nong Khai. A súa capital é Bueng Kan.

Achantada no nordeste de Isan, limita polo norte e leste con Laos, co río Mekong. As provincias tailandesas coas que limita, de leste a oeste, son Nakhon Phanom, Sakon Nakhon, Udon Thani e Nong Khai

No distrito Bung Khla atópase o Santuario Phu Wua, protexendo un monte arborado a carón do río Mekong.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1994, Sumet Phromphanhao, deputado na cámara baixa tailandesa da Provincia Nong Khai, propuxo a provincia de Bueng Kan composta polos amphoes de Bueng Kan, Seka, So Phisai, Bung Khla, Bueng Khong Long, Pak Khat, Phon Charoen e Si Wilai, todos amphoes da Provincia Nong Kha. Se se creara, a provincia tería 4.305km2, cunha poboación duns 390.000 habitantes. Mais o Ministro de Interior non veu apropiado a creación dunha nova provincia e non prosperou a iniciativa no Consello de Ministros.

A proposta estivo no esquecemento durante até 2010, cando o Ministro de Interior a propuxo no Consello de Ministros. O 3 de agosto de 2010 o Consello resolveu presentar a proposta á Asemblea Nacional, citando como razóns principais o número axeitado de distritos e de poboación como o carácter especial da provincia, así como tamén que na Provincia Nong Khai á beira do Mekong, era dificultoso o mantemento dunha seguridade axeitada por toda a extensa fronteira.

O 7 de febreiro de 2011 a Asemblea Nacional aprobou a proposición. O Primeiro Ministro Abhisit Vejjajiva presentoulla a Bhumibol Adulyadej quen a asinou o 11 de marzo de 2011. Publicouse na Diario Oficial o 22 de marzo de 2011 e entrou en efecto ao día seguinte.

Distritos[editar | editar a fonte]

A provincia subdivídese en oito distritos (amphoe):

  1. Bueng Kan
  2. Phon Charoen
  3. So Phisai
  4. Seka
  5. Pak Khat
  6. Bueng Khong Long
  7. Si Wilai
  8. Bung Khla


Provincias de Tailandia Bandeira de Tailandia

Amnat Charoen | Ang Thong | Bueng Kan | Buriram | Chachoengsao | Chainat | Chaiyaphum | Chanthaburi | Chiang Mai | Chiang Rai | Chonburi | Chumphon | Kalasin | Kamphaeng Phet | Kanchanaburi | Khon Kaen | Krabi | Lampang | Lamphun | Loei | Lopburi | Mae Hong Son | Maha Sarakham | Bangkok | Mukdahan | Nakhon Nayok | Nakhon Pathom | Nakhon Phanom | Nakhon Ratchasima | Nakhon Sawan | Nakhon Si Thammarat | Nan | Narathiwat | Nong Bua Lamphu | Nong Khai | Nonthaburi | Pathum Thani | Pattani | Phang Nga | Phatthalung | Phayao | Phetchabun | Phetchaburi | Phichit | Phitsanulok | Phra Nakhon Si Ayutthaya | Phrae | Phuket | Prachinburi | Prachuap Khiri Khan | Ranong | Ratchaburi | Rayong | Roi Et | Sa Kaeo | Sakon Nakhon | Samut Prakan | Samut Sakhon | Samut Songkhram | Saraburi | Satun | Sisaket | Sing Buri | Songkhla | Sukhothai | Suphan Buri | Surat Thani | Surin | Tak | Trang | Trat | Ubon Ratchathani | Udon Thani | Uthai Thani | Uttaradit | Yala | Yasothon |

editar