Protocolo de Información de Enrotamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O protocolo de enrutamento dinámico RIP (Routing Information Protocol) é un protocolo IGP (Interior Gateway Protocol). Mediante o mesmo, os routers intercambian información de xeito dinámico, podendo así decidir cal é a mellor rota nun intre concreto.

Emprega o algoritmo de enrotamento de Bellman-Forf, que é o que se usou orixinariamente na ARPANET.

RIP é un protocolo de enrutamento de vector de distancia, que emprega como métrica o número de saltos. O máximo número de saltos permitido é de 15. Se a distancia a un destino fose superior a 15, consideraríase inalcanzable.