Proteinoplasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferentes plastos.

Os proteinoplastos, ás veces chamados proteoplastos, aleuroplastos ou aleuronaplastos, son orgánulos especializados exclusivos das células vexetais. Conteñen corpos cristalinos de proteínas e poden ser os lugares onde se desenvolve a actividade encimática na que están implicadas esas proteínas. Atopamos proteinoplastos en moitas sementes, tales como a noz do Brasil e os cacahuetes. Aínda que todos os plastos conteñen altas concentracións de proteínas, no caso dos proteinoplastos estas aparecen en grandes cantidades en grandes inclusións, que son visibles tanto con microscopio óptico coma con microscopio electrónico. Pero a súa especialización exclusiva no almacenamento de proteínas non está tan clara como a especialización dos amiloplastos no almacenamento de amidón, por exemplo. Aínda que foron estudadas as súas inclusións proteicas na década de 1960 e 1970, non se fixo moita investigación sobre eles, e un libro escrito en 2007 sinalaba que non se levaban publicado investigacións científicas sobre proteinoplastos nos anteriores 25 anos.[1]

Os proteinoplastos pertencen a unha ampla categoría de orgánulos chamados plastos ou plastidios, entre os cales hai que clasificalos como leucoplastos, xa que carecen de pigmento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wise, Robert (2007). "1". The Diversity of Plastid Form and Function. Springer. http://www.springerlink.com/index/qp032630631337u6.pdf. http://www.springerlink.com/index/qp032630631337u6.pdf

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]