Protágoras (diálogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Protágoras é un dos diálogos de mocidade de Platón, nos que intervén activamente o seu mestre Sócrates. O tema é a natureza da virtude.


Introdución[editar | editar a fonte]

Sócrates dialoga cun amigo, cuxo nome non aparece. Este, coñecedor da súa afección por Alcibíades, pregúntalle por el. A resposta é que se acababan de ver, pero que apenas puido prestarlle atención, porque coñecera a un estranxeiro máis fermoso. Asombrado da resposta, o amigo pide máis detalles. Sócrates explícalle que a sabedoría é superior á beleza, e neste caso, o seu novo coñecido, Protágoras, supera ó belo Alcibíades. A continuación cóntalle como o coñeceu.

[editar | editar a fonte]

Sócrates é espertado polo seu amigo Hipócrates, que moi excitado, dille que acaba de chegar á cidade o famoso sofista Protágoras, e comínao a dirixirse inmediatamente á casa en que se aloxa para gozar dos seus ensinos. Sócrates preveno contra a habilidade dos sofistas, que considera perigosa para a alma, e aconséllalle prudencia. Ambos acoden á residencia onde se aloxa Protágoras que se atopa rodeado de varios filósofos e estudantes. A partir deste momento, o diálogo transcorre entre Sócrates e Protágoras, con intervencións puntuais doutros interlocutores.

Sócrates faille preguntas sobre as vantaxes dos seus ensinos. Protágoras contesta que melloran á xente, pero ó primeiro non se conforma coa resposta e pídelle que explique en que a melloran.

O tema principal de discusión é a natureza da virtude. Para Protágoras, a virtude é única, pero ten diversas partes, cada unha coa súa facultade propia, á maneira que o rostro é un, pero ten cinco órganos dos sentidos. Así mesmo, a virtude pódese ensinar, o mesmo que calquera técnica ou habilidade. Os homes poden acceder a algunha das partes, pero non a todas, sendo a principal, a sabedoría. Xustifica o que de pais bos saian fillos malos, ou de pais malos, fillos bos, pola disposición dos fillos, o mesmo que si se lles ensinase a tocar a frauta.

Sócrates non cre que a virtude se poida ensinar e ambos se encerellan nunha discusión con numerosas preguntas, réplicas e contrarréplicas, na que os demais personaxes fan de público e de xuíces. Sócrates reprocha a Protágoras que elude as súas preguntas con respostas demasiado longas, para desviar a atención.

Finalmente, declaran a cuestión como demasiado complexa, declarándose mutua admiración e respecto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]