Prospero Alpini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prospero Alpini
Nacemento23 de novembro de 1553, 1553 e 3 de decembro de 1553
Lugar de nacementoMarostica
Falecemento23 de novembro de 1616, 6 de febreiro de 1617, 5 de febreiro de 1617 e 1617
Lugar de falecementoPadua
Alma máterUniversidade de Padua
Ocupaciónbotánico, médico e entomólogo
editar datos en Wikidata ]

Prospero Alpini, ou Prosper Alpinus, nado en Marostica en 1553 e finado en Padua en 1617, foi un botánico e médico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na república de Venecia, na súa mocidade serviu durante un tempo no exército de Milán, pero en 1574 comezou a estudar medicina en Padua, despois da súa graduación en 1578 exerceu en Campo San Pietro, unha pequena vila na comarca de Padua. Mais o seu interese pola botánica, en especial as plantas exóticas, lévao a viaxar a Exipto en 1580 como médico do embaixador veneciano no Cairo, onde pasou tres anos. Da observación do cultivo da palmeira datileira deduciu a diferenza sexual das plantas.

Á súa volta, residiu durante un tempo en Xénova como médico de Andrea Doria, e en 1593 exerce de profesor de botánica en Padua ata a súa morte. A súa obra máis coñecida é De Medicina Egyptiorum (1592). En Medicina Egyptiorum (1592) describe por primeira vez en Europa a cafeeira.