Propulsor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un propulsor, en termos xerais, é un aparello que permite imprimir unha aceleración a un proxectil ou calquera obxecto (p.ex. un barco, avión, foguete, etc.). Este aparello produce comunmente unha forza de empuxe por expulsión de materia (Véxase propulsión).

Etnografía[editar | editar a fonte]

Propulsor esculpido procedente de Mas d'Azil
Principio de utilización do propulsor
Esquema de atlatl, propulsor utilizado por amerindios.
Esquimó utilizando un propulsor

Un propulsor é un dispositivo que permite acrecentar a velocidade inicial e, polo tanto, o alcance ou a forza de penetración dun proxectil primitivo (dardo, lanza, azagaia, etc.). Adoita estar constituído, polo xeral, por un bastón de lonxitude variábel e no que un dos seus cabos ten un gancho. O propulsor prolonga o brazo humano e multiplica a súa forza. Alcances de 90 ou 100 m están testemuñados.

Historia[editar | editar a fonte]

O propulsor está testemuñado en Europa desde o Paleolítico Superior, do Solutreano superior até finais do Magdaleniano. Certas partes de propulsores, fabricados de material óseo ou córneo de animais, estaban ricamente decorados e constitúen obras mestras da arte móbil. A partir do Epipaleolítico os propulsores foron sendo substituídos por arcos e frechas.

O propulsor está aínda hoxe moi difundido entre os pobos contemporáneos de cazadores-recolectores, en especial nos do Ártico, entre os aborixes de Australia e de Nova Guinea (xeralizouse o nome de woomera, propio dos eora, cerca de Sidney) ou entre os Amerindios (é coñecido con o nome de atlatl en lingua nahuatl).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]