Programación Extrema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A programacion extrema ou extreme programming é unha aproximacion a enxeñería de software formulada por Kent Beck autor do primeiro libro sobre a materia (Extreme Programming Explained: Embrace Change). Trátase dun proceso áxil de desenvolvemento de sofware.

As características fundamentais do método son:

  • Desenvolvemento iterativo e incremental: pequenas melloras, unhas tras doutras.
  • Programación por parellas: recoméndase que as tarefas de desenvolvemento se leven a cabo por dúas persoas nun mesmo posto. Suponse que a maior calidade do código escrito desta maneira -o código é revisado e discutido mentres se escribe- é máis importante cá posible perda de produtividade inmediata.
  • Frecuente interacción do equipo de programación co cliente ou usuario. Recoméndase que un representante do cliente traballe xunto ó equipo de desenvolvemento.
  • Corrección de tódolos erros antes de engadir nova funcionalidade. Facer entregas frecuentes.
  • Refactorización do código, é dicir, reescribir certas partes do código para aumenta-la súa lexibilidade e mantenibilidade pero sen modifica-lo seu comportamento. As probas han de garantir que na refactorización non se introduciu ningún fallo.
  • Propiedade do código compartida: en vez de dividi-la responsabilidade no desenvolvemento de cada módulo en grupos de traballo distintos, este método promove que todo o persoal poida corrixir e estender calquera parte do proxecto. As frecuentes probas de regresión garanten que os posibles erros serán detectados.