Profundidade de campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de profundidade de campo, só a liña central aparece enfocada, o resto non.

Por profundidade de campo enténdese tradicionalmente na óptica, e na fotografía en particular, como a zona na cal a imaxe captada polo obxectivo é nítida, é dicir, enfocada. Tecnicamente é o espazo de diante e de detrás do plano enfocado, comprendido entre o primeiro e o último punto apreciablemente nítido reproducidos no mesmo plano de enfoque. Canto menor for a abertura do diafragma/iris (maior o valor), para unha mesma distancia do obxecto fotografado, maior será a distancia do plano de foco a que os obxectos poden estar para permaneceren nítidos.

Depende de catro factores: o tamaño do círculo de confusión (e polo tanto do formato e o tamaño da impresión, ademais da distancia de observación e da capacidade resolutiva de cada observador), a distancia focal, o número f e a distancia de enfoque.

A profundidade de campo aumenta en relación inversa á apertura, é dicir, aumente canto máis cerrado se encontra o diafragma ou o que é o mesmo, canto maior sexa o número f escolleito. Por exemplo, cun diafragma de f5,6 a profundidade de campo non será moi ampla, mentres que cun diafragma de f11 ou de f16 será considerable.

Por outra banda, canto máis cerca estea o motivo que a fotografar, menor será a profundidade de campo, independentemente do diafragma seleccionado. Se se utilizan teleobxectivos tamén se reduce a profundidade de campo. Con obxectivos angulares, a profundidade de campo aumenta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Profundidade de campo