Professional'naya basketbol'naya liga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Superliga de Baloncesto de Rusia (en ruso: Баскетбольная Cуперлига) é a máxima competición de baloncesto de Rusia. Está composta por 9 equipos na División A. Ademais, existen categorías inferiores, coma a División B, na que compiten 14 equipos.
Equipos da tempada 2009-2010 na División A [editar]
- Krasnye Krylya Samara (sucesor do CSK VVS Samara)
- CSKA Moscova
- Dynamo Moscova
- Enisey Krasnoyarsk
- Khimki Moscow Region
- Spartak San Petersburgo
- Triumph Lyubertsy
- UNICS Kazan
- Lokomotiv Kuban
Nota: O Ural Great e o Universitet Yugra Surgut non participan na competición debido a problemas financeiros. O CSK VVS Samara quebrou e foi remprazado polo Krasnye Krylya. O Spartak Primorje finalizou na derradeira posición na tempada 2008-09 e descendeu á Super League B. O Avtodor Saratov proclamouse campión da Super League B na tempada 2008-09 e ascendeu de categoría, sen embargo debido a problemas económicos o equipo declinou participar na Super League A para a tempada 2009-10.