Procónsul (primate)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Procónsul, primate»)

Proconsul
Rango fósil: Mioceno

Reconstrución

Esqueleto de Proconsul
Esqueleto de Proconsul

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Proconsulidae
Subfamilia: Proconsulinae
Xénero: Proconsul
Hopwood, 1933
Especies

Proconsul foi un xénero da orde dos primates que viviu durante o Mioceno en África, cunha datación de entre 18 e 14 millóns de anos de antigüidade. Os primeiros restos deste espécime descubríronse en 1909 en Kenya, con todo o descubrimento máis importante débese a Mary Leakey en 1948 nas proximidades do lago Vitoria. O procónsul combina trazos dos simios e dos monos. Carecían de cola, o volume do seu cerebro era semellante ao dos actuais xibóns, tiñan brazos longos que probablemente usaban para abalarse por entre as árbores e presentaban un diformismo sexual moi acusado. Pola súa dentame, con caninos grandes e molares pequenos, pénsase que se alimentaba de froitas, que quizais podía complementar con pequenos animais. Débelle o nome Arthur Hopwood que en 1933 cuñou o termo xa que se cría na época falsamente que estes primates eran antecesores dos chimpancés e Cónsul era como se coñecía xenericamente os chimpancés que actuaban nos circos.

Especies[editar | editar a fonte]

  • Proconsul africanus
  • Proconsul nyanzae
  • Proconsul major
  • Proconsul heseloni