Prise de Pampelune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prise de Pampelune é un cantar de xesta franco-italiano escrito por Nicola di Verona por volta de 1350 e do que se conservan 6.117 versos alexandrinos.

Tematicamente insírese na épica carolinxia ou ciclo do rei, relata as empresas que realizou Carlomagno en Hispania e en Compostela, baseado no Libro V do Códice Calixtino.