Principio de Huygens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O principio de Huygens é un método de análise aplicado aos problemas de propagación de ondas. Afirma que todo punto dunha fronte de onda inicial pode considerarse como unha fonte de ondas esféricas secundarias que se espallan en todas as direccións coa mesma velocidade, frecuencia e lonxitude de onda que a fronte de onda da que proceden.

Refracción da luz segundo o principio de Huygens

Esta visión da propagación das ondas axuda a entender mellor unha variedade de fenómenos de onda, tales como a difracción. A Lei de Snell tamén pode ser explicada segundo este principio.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Principio de Huygens