Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia
O Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia foi un estado autónomo durante a Segunda Guerra Mundial baixo o control de Italia. O Pindo é unha rexión montañosa na Grecia do Norte e na parte meridional de Albania e Macedonia habitada por vlacos (arromaneses), meglenorromaneses e macedonios.
O principado foi formado logo da invasión italiana como o país do pobo vlaco.
O primeiro monarca foi Alchiviad Diamandi di Samarina un líder nacionalista vlaco. El reinou ata 1942 cando as autoridades italianas se fartaron dos seus abusos contra a poboación grega e o destronaron. Logo da abdicación Alcibiades fuxiu a Romanía.
O título "Gran Voivoda" foi ofrecido a un conde húngaro chamado Gyula Cseszneky cuxa familia abasteceu de cereais o Exército Italiano, pero el non tivo ningún poder e probablemente xamais puxo os pés no principado.
En 1949 o territorio foi definitivamente reincorporado a Grecia.
Índice |
Monarcas [editar]
Casa Diamandi di Samarina:
- 1941-1942: Príncipe Alcibiades I
Casa Matoussi:
- 1942: Príncipe Nicolás
Casa Cseszneky de Milvány:
- 1943: Príncipe Xulio I
Gobernador militar
- 1944: M. Hatzi
Ordes do principado
- A Orde do Aguia do Pindo.
- A Orde dos Cabaleiros Xulianos.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- Toso, Fiorenzo - Frammenti d'Europa
- Andreanu, José - Los secretos del Balkan
- Iatropoulos, Dimitri - "Balkan Heraldry"
- Zambounis, Michael - "Kings and Princes of Greece", Athens 2001
- Papakonstantinou Michael: - Το Χρονικό της μεγάλης νύχτας
- Divani, Lena: - Το θνησιγενές πριγκιπάτο της Πίνδου. Γιατί δεν ανταποκρίθηκαν οι Κουτσόβλαχοι της Ελλάδας, στην Ιταλο-ρουμανική προπαγάνδα.
- Thornberry, Patrick und Miranda Bruce-Mitford: - World Directory of Minorities. St. James Press 1990, page 131.
- Koliopoulos, Giannēs S. und John S. Koliopoulos: - Plundered Loyalties: Axis Occupation and Civil Strife in Greek West Macedonia. C. Hurst & Co, 1990. page 86 ff.
- Poulto, Hugh: - Who Are the Macedonians? C. Hurst & Co, 1995. page 111. (partly available online: [1])
- Kalimniou, Dean: - Alkiviadis Diammandi di Samarina (in Neos Kosmos English Edition, Melbourne, 2006)