Primož Peterka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPrimož Peterka

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Liubliana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovenia (1991–)
República Federal Socialista de Iugoslavia (–1991) Editar o valor em Wikidata
Altura182 cm Editar o valor em Wikidata
Peso66 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltador de esquí , ski jumping coach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovena Editar o valor em Wikidata
DeporteSalto de esquí Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2006Xogos Olímpicos de Inverno de 2006
2002ski jumping at the 2002 Winter Olympics – large hill team (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsUroš Peterka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webprimoz-peterka.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1822460 Editar o valor em Wikidata

Primož Peterka, nado en Prikrnica o 28 de febreiro de 1979, é un saltador de esquí esloveno, un dos deportistas con máis éxito do seu país.

Biografía[editar | editar a fonte]

Peterka naceu nunha localidade próxima a Liubliana. De mociño entrou no Club de Esquí de Triglav de Kranj. A primeira competición da Copa do Mundo na que participou foi en Innsbruck o 4 de xaneiro de 1996 ó substituír a un dos seus compañeiros, sorprendendo a todos ó quedar en oitavo lugar, durante a tempada continuou nun bo nivel, conseguindo dúas vitorias en Zakopane, Polonia, e Falun, Suecia. Nesa tempada clasificouse segundo tras Andreas Goldberger. Peterka tamén quedou segundo tras Michael Uhrmann no Campionato do Mundo Xuvenil.

A tempada 1996/1997 foi a de máis éxito da súa carreira, gañou 7 competicións e o Torneo dos Catro Trampolíns. Así e todo non puido acabar primeiro na clasificación final da Copa do Mundo pero o 9 de febreiro de 1997 converteuse no primeiro esloveno en pasar os 200 metros, concretamente 203. Este seu récord nacional duroulle pouco, xa que un mes máis tarde Goran Janus saltaba ata 206 metros.

A seguinte tempada, 1997/98, foi algo menos exitosa, gañou 4 competicións, foi o primeiro esloveno en gañar o Festival de Esquí de Holmenkollen. Gañou tamén a Copa do Mundo e nas Olimpiadas de Inverno de Nagano foi quinto no trampolín grande por equipos e sexto no trampolín curto individual.

Tras a tempada 1997/98 entrou en crise, tivo problemas cos seus adestradores e xuíces, mesmo chegou a ser sancionado. No ano 2000 comezou a se recuperar e en Planica bateu o récord nacional saltando ata os 212 metros. Na tempada seguinte regresou á elite internacional, nas Olimpiadas de 2002 en Salt Lake City, txunta Robert Kranjec, Damijan Fras e Peter Žonta, gañou a medalla de bronce no trampolín grande por equipos, a única medalla eslovena nunhas olimpiadas.

Na tempada 2002/03 gañou en Kuusamo e en Garmisch-Partenkirchen. En 2005, xunta Jure Bogataj, Rok Benkovič e Jernej Damjan gañou o bronce nos Campionatos de Esquí Nórdico en Oberstdorf.

Sobre a súa figura realizáronse dous documentais, Vleci, Primož dirixido en 1997 por Beno Hvala sobre o comezo da súa carreira, e Peterka: leto odločitve dirixido por Vlado Škafar en 2002 sobre a súa crise persoal