Primeiro Ministro de San Vicente e Granadinas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xefe de goberno é o Primeiro Ministro de San Vicente e Granadinas. Durante o dominio británico, a partir de 1956 xorde a figura do xefe de goberno (en inglés, chief minister) sendo o primeiro Ebenezer Joshua (1956 a maio de 1967) seguido por Milton Cato.
En 1969, o territorio gañou autonomía, e o título do xefe de goberno pasou a ser "primeiro ministro". De 1969 ata a independencia, foron:
- Milton Cato - 27 de outubro de 1969 - abril de 1972
- James Fitz-Allen Mitchell - abril de 1972 - 8 de decembro de 1974
- Milton Cato - 8 de decembro de 1974 - 27 de outubro de 1979
Primeiros Ministros despois da independencia (1979- ) [editar]
| Nome | Inicio do mandato | Fin do mandato |
|---|---|---|
| Milton Cato | 27 de outubro de 1979 | 30 de xullo de 1984 |
| James Fitz-Allen Mitchell | 30 de xullo de 1984 | 27 de outubro de 2000 |
| Arnhim Eustace | 27 de outubro de 2000 | 29 de marzo de 2001 |
| Ralph Gonsalves | 29 de marzo de 2001 | presente |