Primeiro Ministro de Gales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Primeiro ministro (en galés: Prif Weinidog) é o líder da Asemblea do Goberno Galés, o poder restituído a Gales. Cando foi instaurado segundo a Acta do Goberno de Gales 1998, o título era coñecido como Primeiro secretario (en galés: Prif Ysgrifennydd), xa que a Gales se lle dera unha asemblea e un executivo menos poderosos do que a Irlanda do Norte ou a Escocia.

O cambio de título ocorreu despois de que os liberais formasen un goberno de coalición cos laboristas na Asemblea Galesa en outubro do 2000. O cambio de título non tivo efectos legais.

Primeiro secretario[editar | editar a fonte]

# Nome Dende Ata Partido
1. Alun Michael 12 de maio de 1999 9 de febreiro de 2000 Partido Laborista
Rhodri Morgan 9 de febreiro de 2000 15 de febreiro de 2000 Partido Laborista
2. Rhodri Morgan 15 de febreiro de 2000 16 de outubro de 2000 Partido Laborista

Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

# Nome Dende Ata Partido
1. Rhodri Morgan 16 de outubro de 2000 8 de decembro de 2009 Partido Laborista
1. Carwyn Jones 9 de decembro de 2009 presente Partido Laborista