Primeiro Ministro de Dominica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Primeiro Ministro é o xefe de goberno de Dominica. Nominalmente o cargo foi creado o 3 de novembro de 1978 cando o país tornouse independente. Antes diso, o país tivo dous ministros-xefes: Edward Oliver LeBlanc (1961-1974) e Patrick John (1974 ata a independencia).

Esta é unha lista dos primeiros ministros de Dominica despois de 1978.

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato
Patrick John 3 de novembro de 1978 21 de xuño de 1979
Oliver Seraphin 21 de xuño de 1979 21 de xullo de 1980
Eugenia Charles 21 de xullo de 1980 14 de xuño de 1995
Edison Chenfil James 14 de xuño de 1995 3 de febreiro de 2000
Rosie Douglas 3 de febreiro de 2000 1 de outubro de 2000
Pierre Charles 3 de outubro de 2000 6 de xaneiro de 2004
Roosevelt Skerrit 8 de xaneiro de 2004 presente