Primeira batalla do cabo Fisterra
| Primeira batalla do cabo Fisterra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Parte de Guerra de Sucesión Austríaca | |||||||
|
|
|||||||
|
|||||||
| Belixerantes | |||||||
| Líderes | |||||||
Almirante George Anson |
Almirante de la Jonquière |
||||||
| Forzas en combate | |||||||
| 14 navíos de línea 1 fragata 1 balandra 1 brulote |
4 navíos de línea 8 fragatas 4 corbetas 30 buques mercantes |
||||||
| Baixas | |||||||
| 520 mortos e feridos | 4 navíos de línea, 4 fragatas, 4 corbetas, 6 mercantes capturados, 800 mortos e feridos, 3000 prisioneiros |
||||||
A Primeira batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 14 de maio de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Nela batéronse 14 buques de liña británicos dirixidos polo almirante George Anson contra unha flota de 30 navíos franceses comandados polo almirante de la Jonquière.
Índice |
Contexto [editar]
Francia tentaba manter abertas as súas rutas marítimas para manter o seu imperio ultramarino. Con tal fin reunía combois de buques mercantes que viaxaban escoltados por barcos de guerra. Anson e Warren partiron de Plymouth nos buques Prince George e Devonshire o 9 de abril co obxectivo de interceptar un deses combois. Cando o vicealmirante Warren sospeitou que os navios de guerra franceses ían facer unha manobra para promover a fuga do comboi mercante, comunicoulle a súa opinión ó almirante Anson, e este último lanzou a sinal para levar a cabo unha persecución xeral.
Batalla [editar]
O HMS Centurion foi o primeiro navío inglés en chegar ó barco francés máis recuado, que foi atacado fortemente. A acción converteuse en xeral cando outros tres navíos británicos, incluído o HMS Devonshire, chegaron á escea do combate. Os franceses, aínda que moi inferiores en número, loitaron ata as sete do serán, cando tódolos barcos franceses menos dous xa estaban danados, así como nove dos navíos mercantes. Os franceses tiveron 700 baixas entre homes mortos e feridos, por 520 dos británicos.
Consecuencias [editar]
Logo da súa vitoria, George Anson foi promovido a vicealmirante e ennobrecido como barón Anson de Soberton. En outubro do mesmo ano, os franceses reuniron outro comboi escoltado moito maior, que de novo foi interceptado nas augas próximas ó cabo Fisterra, nun enfrontamente coñecido como Segunda batalla do cabo Fisterra.