Presidente de Timor Leste
Timor Leste tornouse independente de Portugal o 28 de novembro de 1975. Francisco Xavier do Amaral foi o seu primeiro presidente, pero gobernou soamente ata o 7 de decembro de 1975, día en que Indonesia invadiu o país.
Timor Leste permaneceu baixo a ocupación indonesia ata que o 30 de agosto de 1999 a súa poboación votou masivamente pola independencia nun referendo supervisado pola ONU. Debido ós ataques de milicias rebeldes que non aceptaron o resultado do referendo, a ONU mantivo o territorio baixo a súa administración ata o 20 de maio de 2002, cando o país novamente recuperou a independencia. Xanana Gusmão foi o seu primeiro presidente electo.
Presidentes de Timor Leste (2002 - presente) [editar]
Segundo a constitución, o presidente é o xefe de estado de Timor Leste. É electo pola poboación para un período de 5 anos. Esta é unha lista dos presidentes do país desde 2002.
| Entrada | Saída | Presidente | Primeiros Ministros |
|---|---|---|---|
| 20 de maio de 2002 | 20 de maio de 2007 | Kay Rala Xanana Gusmão | Mari Alkatiri (2002-2006) José Ramos Horta (2006-2007) |
| 20 de maio de 2007 | presente | José Ramos Horta | Estanislau da Silva (2007) Xanana Gusmão (2007-) |