Presidente de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Presidente da República de Serbia ostenta a xefatura deste Estado.

O actual Presidente de Serbia, dende o 2012 é Тomislav Nikolić.

Atribucións[editar | editar a fonte]

O Presidente da República Serbia:

  • Exerce un mandato de cinco anos.
  • Pode ser reelixido nun segundo mandato.
  • Posúe inmunidade, outorgada pola Asemblea Nacional.
  • Disolve a Asemblea Nacional e o Goberno de Serbia.
  • Declara os estados de emerxencia.
  • Convoca as eleccións.
  • Ostenta a representación do Estado.
  • Outorga condecoracións e premios.
  • Capacidade de veto sobre as leis aprobadas pola Asemblea Nacional, requirindo unha segunda votación do parlamento para a súa entrada en vigor.

Até a disolución da Confederación de Serbia e Montenegro, o Presidente de Serbia era membro do Consello Supremo de Defensa de Serbia e Montenegro, que estaba presidido polo Presidente da Confederación.

O Presidente do Parlamento serbio asume a presidencia interina se o Presidente da República abandona o cargo.

Presidentes de Serbia[editar | editar a fonte]

  • Presidentes electos:
  1. Slobodan Milošević (8 de maio de 1989 - 23 de xullo de 1997)- dous mandatos
  2. Milan Milutinović (29 de decembro de 1997 - 29 de decembro de 2002) – un mandato
  3. Boris Tadić (11 de xullo de 2004- 5 de abril de 2012)- dous mandatos
  4. Tomislav Nikolić (31 de maio de 2012- )
  • Presidentes interinos:
  1. Dragan Tomić (23 de xullo - 29 de decembro de 1997)
  2. Nataša Mićić (30 de decembro de 2002 - 4 de febreiro de 2004)
  3. Dragan Maršićanin (4 de febreiro - 3 de marzo de 2004)
  4. Vojislav Mihailović (3-4 de marzo de 2004)
  5. Predrag Marković (4 de marzo - 11 de xullo de 2004)
  6. Slavica Đukić Dejanović (5 de abril - 31 de maio de 2012)