Presidente de San Tomé e Príncipe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O presidente é o xefe de estado de San Tomé e Príncipe. É elixido pola poboación para un mandato de 5 anos e pode reelixirse unha vez. Desde o 1990 o país é unha democracia multipartidaria.
Esta é unha lista dos presidentes de San Tomé e Príncipe desde 1975.
| Mandato | Nome | Partido |
|---|---|---|
| 12 de xullo de 1975 a 3 de abril de 1991 | Manuel Pinto da Costa, Presidente | MLSTP |
| 3 de abril de 1991 a 15 de agosto de 1995 | Miguel Trovoada, Presidente | n-p, ADI |
| 15 de agosto de 1995 a 21 de agosto de 1995 | Manuel Quintas de Almeida, Presidente da Xunta de Salvación Nacional | militar |
| 21 de agosto de 1995 a 3 de setembro de 2001 | Miguel Trovoada, Presidente | ADI |
| 3 de setembro de 2001 a 16 de xullo de 2003 | Fradique de Menezes, Presidente | ADI, MDFM-PL |
| 16 de xullo de 2003 a 23 de xullo de 2003 | Fernando Pereira, Presidente da Xunta Militar de Salvación | militar |
| 23 de xullo 2003 ata o presente | Fradique de Menezes, Presidente | MDFM-PL |