Presidente de Malta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O presidente é o xefe de estado de Malta. O cargo foi creado o 13 de decembro de 1974 cando Malta constituíuse en república e o último gobernador-xeral, Sir Anthony Mamo foi nomeado presidente.
Así como os monarcas británicos, o Presidente de Malta é un xefe de estado constitucional, posto que o poder executivo correspóndelle ao Primeiro Ministro. O Presidente é elixido por unha Cámara de representantes (maltés Kamra tar-Rappreżentanti) unicameral. A primeira muller que ocupou o cargo de Presidente foi Agatha Barbara, antiga ministra de Traballo. O actual Presidente é George Abela.
Esta é a lista dos presidentes de Malta despois de 1974.
| Nome | Imaxe | Inicio do mandato | Fin do mandato |
|---|---|---|---|
| Anthony Mamo | 13 de decembro de 1974 | 27 de decembro de 1976 | |
| Anton Buttigieg | 27 de decembro de 1976 | 27 de decembro de 1981 | |
| Albert Hyzler | 27 de decembro de 1981 | 15 de febreiro de 1982 | |
| Agatha Barbara | 15 de febreiro de 1982 | 15 de febreiro de 1987 | |
| Paul Xuereb | 15 de febreiro de 1987 | 4 de abril de 1989 | |
| Ċensu Tabone | 4 de abril de 1989 | 4 de abril de 1994 | |
| Ugo Mifsud Bonnici | 4 de abril de 1994 | 4 de abril de 1999 | |
| Guido de Marco | 4 de abril de 1999 | 4 de abril de 2004 | |
| Edward Fenech Adami | 4 de abril de 2004 | 4 de abril de 2009 | |
| George Abela | 4 de abril de 2009 | presente |