Presidente de Letonia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O presidente é o xefe de estado e o comandante en xefe das forzas armadas de Letonia. O Presidente é elixido polo parlamento (Saeima) por un mandato de catro anos. Ata o momento, todos os presidentes cumpriron dous mandatos no cargo excepto Gustavs Zemgals. En caso de ausencia, o Presidente do Parlamento asume o cargo de interinamente, caso que se deu trala independencia de Letonia da Unión Soviética, cando Anatolijs Gorbunovs exerceu como presidente desde 1991 ata 1993.
Esta é unha lista dos presidentes de Letonia despois de 1922.
| Nome | Inicio de mandato | Final de mandato | Partido político |
|
| 1 | Jānis Čakste | 1922 | 1927 | Partido do Centro Democrático |
| 2 | Gustavs Zemgals | 1927 | 1930 | Partido do Centro Democrático |
| 3 | Alberts Kviesis | 1930 | 1936 | Unión de Letonia |
| 4 | Kārlis Ulmanis | 1936 | 1940 | ningún |
| Letonia integrada na Unión Soviética | 1940 | 1991 | ||
| Anatolijs Gorbunovs (Presidencia interina) | 1991 | 1993 | ningún | |
| 5 | Guntis Ulmanis | 1993 | 1999 | Unión Letoa de Agricultores |
| 6 | Vaira Vīķe-Freiberga | 1999 | 2007 | ningún |
| 7 | Valdis Zatlers | 2007 | o mandato remata en 2011 | ningún |