Presidente de Islandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brazón de Islandia

O presidente é o xefe de estado de Islandia. É elixido pola poboación para un período de 4 anos, coa posibilidade de diversas reeleccións. Se só se presenta un candidato, as eleccións desconvócanse e automaticamente sae elixido o candidato presentado por outros catro anos.

Desde a independencia da illa, producida o 17 de xuño de 1944, Islandia tivo ata hoxe 5 presidentes, o primeiro deles foi Sveinn Björnsson, escollido polo Alþingi. Os sucesores foron elixidos por sufraxio universal.

Esta é unha lista dos presidentes de Islandia despois de 1944.

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno
1 Sveinn Björnsson 17 de xuño de 1944 25 de xaneiro de 1952
2 Ásgeir Ásgeirsson 1 de agosto de 1952 1 de agosto de 1968
3 Kristján Eldjárn 1 de agosto de 1968 1 de agosto de 1980
4 Vigdís Finnbogadóttir 1 de agosto de 1980 1 de agosto de 1996
5 Ólafur Ragnar Grímsson 1 de agosto de 1996 Actualidade