6ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premios Oscar 1933»)

A 6.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 16 de marzo de 1934 en The Ambassador Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Will Rogers.

Esta edición foi a última que premiou filmes producidos en dous anos, converténdose na que tivo un período de elixibilidade máis longo. Os filmes candidatos foron estreados entre o 1 de agosto de 1932 e o 31 de decembro de 1933.

Will Rogers presentou o premio ao mellor director e ao abrir o sobre anunciou simplemente "Come up and get it, Frank!". Frank Capra, seguro de ser o gañador, correu a recollelo para descubri que Rogers se referira a Frank Lloyd. Posiblemente para minimizar a pifia de Rogers chamou entón ao terceiro candidato, George Cukor, a unirse a eles no escenario.[1]

Walt Disney converteuse na primeira persoa en gañar dous premios en anos consecutivos.

Premios[editar | editar a fonte]

Winfield Sheehan, mellor filme
Frank Lloyd, mellor dirección
Charles Laughton, mellor actor
Katharine Hepburn, mellor actriz
Victor Heerman, mellor adaptación
Sarah Y. Mason, mellor adaptación
Walt Disney, mellor curtametraxe de animación

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2][3]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor argumento Mellor guión adaptado
Mellor fotografía Mellor dirección de arte
Mellor son Mellor axudante de dirección
Mellor curtametraxe, comedia Mellor curtametraxe, novidade
Mellor curtametraxe de animación
Predecesor:
5ª edición dos Óscar
Premios Óscar
6ª edición dos Óscar
Sucesor:
7ª edición dos Óscar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McBride, Joseph, Frank Capra: The Catastrophe of Success. Nova York: Simon & Schuster 1992. ISBN 0-671-73494-6, pp. 288–292, 294–296, 298–302, 309–310
  2. "The 6th Academy Awards (1934) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  3. Wiley, Mason; Bona, Damien (1987). Inside Oscar: The Unofficial History of the Academy Awards. Nova York: Ballantine Books.