Premios Gaudí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trofeo dos Premios Gaudí

Os Premios Gaudí son uns galardóns outorgados pola Academia do Cine Catalán que recoñecen as mellores producións cinematográficas catalás do ano. Substitúen ao Premio Barcelona de Cine, creado en 2002, e púxoselles o nome en honor do arquitecto catalán Antoni Gaudí.

O trofeo foi deseñado por Montserrat Ribé, e está inspirado nas chemineas da Pedrera,[1] unha das obras máis recoñecidas do singular arquitecto. As primeiras candidaturas ás diferentes categorías fixéronse públicas o 23 de decembro de 2008, e os primeiros premios foren outorgados o 19 de xaneiro de 2009.

Categorías[editar | editar a fonte]

  • Gaudí de Honra
  • Mellor película en lingua catalá
  • Mellor película en lingua non catalá
  • Mellor director
  • Mellor documental
  • Mellor película de animación
  • Mellor película para televisión
  • Mellor película europea
  • Mellor guión
  • Mellor actor principal
  • Mellor actriz principal
  • Mellor actor secundario
  • Mellor actriz secundaria
  • Mellor fotografía
  • Mellor música orixinal
  • Mellor montaxe
  • Mellor dirección artística
  • Mellores efectos especiais
  • Mellor son
  • Mellor curtametraxe
  • Mellor vestiario
  • Mellor maquillaxe e perruquería
  • Mellor dirección de produción

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]