Premio Capital Verde Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitoria, Capital Verde Europea 2012

O Premio Capital Verde Europea (en inglés: European Green Capital Award) é un galardón instituído e xestionado pola Comisión Europea para recoñecer ás cidades que mellor se ocupan do medio ambiente e da contorna vital dos seus habitantes. A cidade que cada ano ostenta a capitalidade exerce de modelo de actuación verde e comparte as súas prácticas con outras cidades.[1]

O premio está aberto, ademais da os 27 países membros da Unión Europea, aos países candidatos oficiais (Turquía, Montenegro, Macedonia, Croacia e Islandia), así como aos países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Noruega e Liechtenstein).

Cidades galardoadas[editar | editar a fonte]

Designacións[editar | editar a fonte]

2010 e 2011[editar | editar a fonte]

35 cidades presentaron a súa solicitude para ser designadas Capital Verde Europea 2010 ou 2011. Estocolmo e Hamburgo resultaron elixidas respectivamente por un xurado específico en febreiro de 2009. As demais finalistas foron: Flag of the Netherlands.svg Ámsterdan, Flag of the United Kingdom.svg Bristol, Dinamarca Copenhaguen, Alemaña Friburgo, Alemaña Münster e Flag of Norway.svg Oslo.

2012 e 2013[editar | editar a fonte]

Para a convocatoria de 2012 e 2013 presentáronse 17 cidades. No transcurso da conferencia de Capital Verde Europea en Estocolmo, o 21 de outubro de 2010, designouse a Vitoria e Nantes como Capital Verde Europea 2012 e 2013 respectivamente. As outras catro finalistas foron: España Barcelona, Flag of Sweden.svg Malmö, Alemaña Núremberg e Islandia Reiquiavik.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]