Praza Kim Il Sung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°01′10″N 125°45′09″E / 39.01953°N 125.75247°E / 39.01953; 125.75247


A Praza Kim Il Sung é unha praza situada en Pyongyang, Corea do Norte, denominada así en honra do fundador e ideólogo de Corea do Norte, Kim Il Sung. A praza localízase á beira da beira occidental do río Taedong, xusto enfronte da Torre Juche. É o lugar tradicional de celebracións, mitins e desfiles militares do réxime e é a imaxe típica de Corea do Norte nos medios de comunicación. É a 12ª praza máis grande do mundo, con 75.000 metros cadrados. O Gran Palacio do Pobo atópase situado na praza, con vistas ao río.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza Kim Il Sung