Praia de La Concha
Coordenadas: 43°19′03″N 1°59′12″W / 43.3175°N 1.98667°W
A Praia de La Concha é unha praia situada na Baía da Concha da cidade de Donostia-San Sebastián (España). É unha das praias urbanas máis famosas de todo o país.
Situada ao oeste da desembocadura do río Urumea, separada do mesmo polo monte Urgull e aloxada na Baía da Concha, ten unha lonxitude media de 1.350 m, unha anchura media de 40 m e unha superficie media de 54.000 m².
É unha praia de area e pouca profundidade, na que o percorrido das mareas a miúdo limita a superficie útil para o uso. Pode considerarse unha praia de contorna urbana e uso masivo. Os accesos peonís a ela son bos, así como os transportes públicos e aparcadoiros subterráneos. É ademais desde 2007, un dos 12 Tesouros de España.[1]