Praia da Olga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia da Olga
Coordenadas: 43°33′24″N 7°03′31″O / 43.556700000307, -7.0585000003205
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude50 m
Largo medio10 m
Características específicas
Composicióngrava e rocha

A praia da Olga está situada na parroquia de Piñeira, no concello de Ribadeo. Ten unha largura media de 10 m e unha lonxitude de 50 m. Está composta por grava e rochas.

Está bañada por ondas de moderadas a fortes e é ventosa. Esta praia, xunto coas de San Miguel e Santiago de Reinante (en Barreiros) e mailas praias da Catedrais, Esteiro, As Illas e Areosa (en Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e incluído dentro da Rede Natura 2000. Non dispón de bandeira azul nin servizos de socorrismo, polo que se se ferir alguén, tería que ser trasladado por medios habituais ata o Hospital Comarcal da Costa, en Burela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]