Praia da Ameixida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia da Ameixida
Bandeira Azul Posto de primeiros auxilios Accesible a minusválidos Paraxe natural
Características xerais
Lonxitude 200 m
Largo medio 30 m
Grao de ocupación Media
Grao de urbanización Ningún
Paseo marítimo Non
Características específicas
Composición Medio-fina
Condicións do baño Adecuada para o baño
Aspectos medioambientais
Zona protexida Si
Bandeira Azul Si
Seguridade
Equipo de vixilancia Si
Sinalización do peligro Si
Equipo de salvamento Si
Accesibilidade
Accesible a minusválidos Si
Tipo de acceso Ramplas de formigón

A paia da Ameixida está situada na comarca da Barbanza, no suroeste da provincia da Coruña, no concello de Ribeira, no lugar de Mosqueiros da parroquia de Castiñeiras. Atopámola na estrada que vai de Ribeira a Aguiño pola costa, a 4 quilómetros da vila, situada na marxe esquerda da calzada.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha praia resgardada, con forma de enseada, de condicións adecuadas para o baño que conta cun embarcadoiro de recreo ao seu carón. A area branca é de gran medio-fino. As súas augas tranquilas presentan unha temperatura media de 16/17 ºC. Na temporada estival presenta unha ocupación media. As dornas preto da beira ou mesmo fondeadas outórganlle un aire enxebre e mariñeiro. Praia con bandeira azul en 2010. Conta con aparcadoiro, duchas, W.C., pasarenas, vixiancia e socorristas.