Pottoka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pottoka
Semental de cabalo pottoka no Parque Natural de Pagoeta, Guipúscoa.
Semental de cabalo pottoka no Parque Natural de Pagoeta, Guipúscoa.
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: 'Equus'
Especie: 'Equus ferus'
Subespecie: E. f. caballus
Nome trinomial
Equus ferus caballus
Linnaeus, 1758
Orixe da raza

Orixe da raza
Pottokas na Xareta, muga navarro-francesa.
Grupo de Pottokas en Hondarribia, Guipúscoa.

Pottoka, do éuscaro cabalo pequeno, é o nome co que se coñece a unha raza de cabalo de pequena envergadura ou poni, que habitaron dende a antigüidade os territorios montañosos da Cordilleira Cantábrica e os Pirineos occidentais en ambas vertentes.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Xa en covas prehistóricas, como as de Santimamiñe en Biscaia ou Ekain en Guipúscoa, aparecen representados os primerios équidos dos que se ten constancia.

Hábitat e comportamento[editar | editar a fonte]

Viven agrupados en rabaños salvaxes nos montes vascos, organizados nunha xerarquía na que se sitúa a egua Alfa, xunto co semental.

Características[editar | editar a fonte]

Es un poni de boa conformación xeral cunha alzada media de 1,25m nas femias e 1,23m nos machos. O perfil da cabeza varía do recto ó subcóncavo, sendo en xeral unha cabeza harmónica, piramidal e proporcionada. A cara é recta, cunhas guedellas características. As capas poden ser negra ou castaña moi escura. Os pottokas de pura raza son de capa totalmente negra, xa que as manchas son síntomas de mestizaxe. Son animais ós que se pode definir como équidos resistentes, rápidos, rústicos, fortes, dóciles e aptos para a caza, a monta, paseos e saltos de obstáculos. Foron precisamente estas últimas funciones, as que están axudando a que esta raza non desapareza, a pesar de encontrarse en perigo de extinción.

Pottoka como animal de traballo[editar | editar a fonte]

Un Pottoka en Zestoa, Guipúscoa, a comezos do século XX.

No pasado foron empregados como tractores dos vagóns nas minas, para as labores de labranza e tiro nos casaríos, limpeza de montes e como subministro de carne en carnicerías.

As deputacións de Biscaia e Guipúscoa dispoñen de dous centros de cría e multiplicación desta raza. No País Vasco francés (Lapurdi, Zuberoa e Baixa Navarra) está máis estendida a súa crianza, e en Navarra agora estase empezando a traballar a nivel particular para recuperala e promocionala.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Pottoka, Euskal Herriko Poneya". Autores: Alberto Muro, Iñaki Pascual. Editorial, Bizkaiko Foru aldundia. Bilbao, 1997. ISBN 84-7752-232-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pottoka