Potidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Potidea (en grego antigo Ποτίδαια / Potidaia) é unha colonia fundada polos corintios sobre o -627 aproximadamente no istmo de Palene, extremo occidental da Calcídica, en Tracia.

Filipo II de Macedonia destruíu a cidade (-356) e deu o seu territorio aos olintios. Casandro construíu unha nova cidade no seu territorio: bautizouna como Casandrea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]