Potencial de redución
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes
|
O potencial dun eléctrodo, potencial de redución ou potencial REDOX é como se coñece ao non equilibrio dunha cela galvánica. O potenciómetro só permite circular unha pequena corrente, de xeito que a concentración das dúas semicelas permanecen invariábeis. De substituírmos o potenciómetro por un arame, pasaría moita máis corrente, e as concentracións variarían até alcanzaren o equilibro. Nese momento xa non progresaría máis a reacción, e o potencial E faríase cero. Cando unha batería se esgota (V=0), é que os produtos químicos do seu interior conseguiron chegar ao equilibrio.
O potencial dunha cela é a resta do potencial de redución menos o de oxidación, e está relacionado coa enerxía libre de xeito que teñen sempre signos opostos. Por este motivo, un potencial positivo quere dicir que a reacción ten tendencia a que a reacción ocorra dun xeito espontáneo ao ser a súa enerxía libre menor que cero, o que amosa a súa tendencia termodinámica á ocorrencia.
O potencial estándar de eléctrodo (E°) defínese coma o potencial de eléctrodo cando as actividades de todos os reactivos e os produtos fosen a unidade.