Postprodución
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A post-produción é a manipulación de material audiovisual dixital ou analóxico usado para cine, publicidade, programas de televisión, radio... Co desenvolvemento da informática, unha das súas maiores utilidades tornouse producir efectos dixitais, mais a edición e montaxe (non linear) dun material xa gravado e rexistrado segue sendo o seu máximo cometido.
Así pois, na postprodución dáse propiamente a montaxe, así como a inclusión de subtitulado, voz en off, efectos especiais... Tamén está dentro deste concepto a dobraxe.
Distínguense dúas pólas de postproducción: a de vídeo e a de audio (son).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |