Posibilismo libertario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O posibilismo libertario foi unha tese dun sector do movemento libertario en España, que sen renunciar ós fins clásicos do anarquismo de loita pola superación do Estado e o capitalismo, aceptou elementos do réxime demoliberal da II República Española para desenvolver as súas actividades. Tivo unha importante participación como sector moderador da Revolución Española.

Desta corrente naceron reiteradas propostas de participación nos mecanismos do Estado. En 1938 o secretario xeral da CNT, Horacio Martínez Prieto, propuxo que a FAI se convertese no Partido Socialista Libertario e participase na socialdemocracia; tamén no pleno da CNT celebrado en xullo de 1945 en Carabaña (Madrid), o seu secretario en funcións, José Expósito Leiva, propuxo a creación dun Partido Libertario. No chamado Manifiesto de los diecisiete do 23 de marzo de 1948, Miguel García Vivancos e outros membros destacados do exilio libertario español como Gregorio Jover, propuñan a creación do Partido Obrero del Trabajo, representación parlamentaria da CNT. Ningunha destas propostas saíu adiante. Nesta liña situáranse o Partido Sindicalista de Ángel Pestaña de 1934 e o Partido Laborista de 1945-1947, vinculado a ex-membros da CNT.

Posibilismo contemporáneo[editar | editar a fonte]

O Partido Sindicalista foi refundado en 1976 con escaso éxito. As organizacións anarcosindicalistas Sveriges Arbetares Centralorganisation (de Suecia) e a Confederación Xeral do Traballo en España participan en eleccións sindicais, polo que ás veces son incluídas dentro do posibilismo, malia que en xeral as súas actividades son autónomas da política.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]