Poros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poros
Πόρος
GR Poros.PNG
Statistiques
Periferia Atica
Prefectura Prefectura do Pireo
Capital Poros (Chora)
Superficie 49,5 km²
Poboacion 4.348 (2001)
Densidade de poboación 88 habitants/km²
Código postal 180 20
Indicativo téléfonico (030-22980)
Sitio internet

Poros (en grego: Πόρος) é unha pequena illa dobre grega en parte sur do golfo Sarónico a unha distancia de 48 km ao sur do Pireo e separada por unha canle marítima de douscentos metros do Peloponeso.

A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes. O nome antigo de Poros era Pogon.

Poros está formada por dúas illas: Sphairia, a parte sur, a cal ten unha orixe volcánico e Kalaureia a parte norte.

A illa contén un rica vexetación. Moita da parte norte, leste e oeste ten unha vexetación moi tupida con bosques de piñeiros no sur e o centro.

Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]

A illa é moi montañosa. O pico máis alto é o Vigla de 358 metros en parte centro-oeste. A illa posúe numerosas calas nas que desembocan pequenos regatos estacionais.

A xeoloxía da illa comprende rocas de sedimento do mesozoico ao cenozoico (calcaria e arenisca do tipo Flysch) e ofiolita, así como rocas volcánicas do período neóxeno en Sferia.

A illa de tectónicamente parte da era terciaria

Illa de Poros

Historia[editar | editar a fonte]

Os estudos recentes suxiren que Poros estivo inhabitada ata a idade de bronce. Tumbas na illa foron datadas no período micénico existindo estruturas desde polo menos mil anos antes de Cristo.

A antiga cidade de Kalaureia foi o refuxio de Poseidón, as ruínas da edificación atópanse aínda accesibles nun outeiro próximo á cidade. Estas ruínas poden estar relacionadas cos santuarios de Geraistos e Tainaros.

Algúns historiadores antigos indicaron a Poros coa casa de Anfictionía no período arcaico, unha liga de cidades composta por Poros, Atenas, Exina, Epidauro, Ermioni, Nauplia e Orcómeno. De todos os xeitos non existen evidencias disto.

Na época do imperio Bizantino, Poros e outras illas da zona sufriron o acoso dos piratas.

Durante a ocupación do imperio otomán Poros permaneceu independente e axudou ás illas veciñas a iniciar a guerra de independencia de Grecia.

Poros foi devastado por un incendio que queimou o suroeste o 26 de xuño de 2007 que destruíu bosque, casas e negocios.

Imaxe da cidade de Poros

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A cidade de Poros posúe bonitos edificios neoclásicos construídos en forma de anfiteatro na ladeira dunha montaña. Nesta cidade atópase a torre do reloxo en 1927.

Poros Toore do Reloxo

O museo arqueolóxico de Korizis mostra os restos do santuario de Poseidón, Trecén e outros procedentes de sitios arqueolóxicos próximos.

A prestixiosa [academia naval helénica] está situada en Poros, a cal ten o primeiro estaleiro moderno de Grecia, establecido durante a guerra de independencia grega en 1827

Demografía[editar | editar a fonte]

Ano Poboación Cambio Poboación municipal e da illa Densidade
1981 3,929 - - -
1991 3,273 -656/-16.7% 3,570 115.16/km²
2001 - - - -

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poros Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]