Porbaixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dunha porbaixa.

Unha porbaixa ou un mergullo[1] é un tipo de multiplicación vexetativa que consiste en dobrar a póla dunha planta nai até enterrala no solo. A parte enterrada irá gañando raíces e cando estea enraizada poderá separarse da planta nai, obténdose, así, unha planta independente. Especificando, o mergullo consiste en facer un corte parcial nunha póla, dobrala, prendela no chan cunha grampa de metal e cubrila de terra. O contacto da rexión do corte co solo estimula o enraizamento e, cando este xa é suficiente para manter a nova planta, a póla é cortada da planta nai. Unha variación da porbaixa éconsiste en facer un corte parcial na póla e envolver a rexión cortada con terra húmida, que é mantida no lugar cun cacho de tecido ou plastico amarrado na póla. Nese caso, igualmente, o corte e o contacto coa terra húmida inducen o enraizamento, mentres a póla continúa a recibir nutrientes minerais da planta nai a través da parte intacta do caule.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que a Real Academia Galega só o considera o termo porbaixa para as videiras, o termo esténdese ás demais especies en Vocabulario Forestal (galego-español-inglés) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Ademais recóllese Vocabulario gallego-castellano de Juan Manuel Pintos Villar (1865). A Real Academia tampouco recolle o termo mergullo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]