Pontophilus spinosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pontophilus spinosus

Pontophilus spinosus, figuras 8.a-f.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Pontophilus
Especie: P. spinosus
Nome binomial
Pontophilus spinosus
(Leach, 1816) [1]
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Astacus spinosus (Leach, 1815)
  • Cheraphilus spinosus (Leach, 1815)
  • Crangon spinosus Leach, 1815

Pontophilus spinosus é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo da familia dos crangónidos, que habita nas costas do océano Atlántico nororiental, desde Islandia e Escandinavia até as de Marrocos, incluíndo as galegas, e no mar Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático e Exeo).[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1816 polo naturalista británico William Elford Leach, no artigo "A tabular view of the external characters of four classes of animals, which Linné arranged under Insecta; with the distribution of the genera composing three of these classes into orders, &c. and descriptions of several new genera and species" publicado en Transactions of the Linnean Society of London, 11: 306-400, no que a denominou Cragnon spinosus.[3]

Un ano máis tarde foi reclasificada dentro do novo xénero Pontophilus, creado polo propio
Leach.[1][2]

Nome galego[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, no seu Vocabulario multilingüe, o nome de quisquilla espiñosa.[4]

Tamén se coñece co nome de camarón espiñento.[5]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón espinoso
  • Francés: crevette-épine
  • Inglés: spiny shrimp

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]