Pont du Gard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°56′50″N 04°32′07″E / 43.94722°N 4.53528°E / 43.94722; 4.53528

Ponte do Gard
Pont du gard.jpg
Río Gard
Concello
Provincia
Data I d.C.
Lonxitude 275 m
Ancho
Gálibo
Tipo Acueduto romano
Material Pedra

A Pont du Gard ou Ponte do Gard é unha parte dun acueduto romano de tres corpos de altura, situado no sur de Francia, preto de Remoulins, no departamento de Gard. Atravesa o río Gard. Constituído por tres arcadas, a súa estrutura, a xeito de ponte, ten 49 metros de altura e 275 metros de lonxitude. En 1985 foi proclamado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Historia[editar | editar a fonte]

A Pont du Gard ca. 1850- cliché de Édouard Baldus.

A Pont du Gard formaba parte dun acueduto de perto de 50 km de lonxitude, que levaba auga desde o manatial de Uzès (aínda que se ignora o lugar precisi de captación da auga) ata a cidade romana de Nemausus, hoxe Nîmes. O acueduto de Nîmes debe ser construído no século I d.C., segundo se deduce de diversas probas. Os túneis datan da época de Augusto ou de sobre anos arredor, polo que o acueduto en si ten de ser posterior. Por outra banda, moedas atopadas nos depósitos de auga de Nîmes, ou recollidas no mesmo acueduto, non datan máis alá da época do emperador Claudio (41-54). Todo leva a pensar que o acueduto, do que a Pont du Gard é parte, debeu ser levantado entre os anos 20 e 40 d.C., ou como moito algo máis tarde.

Construción[editar | editar a fonte]

As fontes de auga está só a 12 m por enriba do nivel dos depósitos da cidade de Nîmes. Os enxeñeiros romanos tiveron que facer gala dunha gran precisión para lograr que a auga chegase por gravidade ata a cidade. O acueduto enteiro ten unha pendente de 34 cm por km, é dicir 1/3.000, o que constitúe un esforzo técnico máis que notábel. Ten un trazado sinuoso para aproveitar ao máximo o relevo (a vóo de paxaro Uzès está a só 20 km de Nîmes). A ponte foi construída para que a auga poidese atravesar o val do río Gard, transportando 20.000 metros cúbicos de auga por día ata Nîmes. A auga tardaba unha xornada en chegar desde as fontes do río Eure, perto de Uzès, ata a obra de reparto, aínda visíbel na rúa de La Lampèze en Nîmes, denominada o Castellum (que era o nome latino de tales obras). Nemausus-Nîmes estaba ben provista de auga, mercé a diversos pozos e máis un manacial próximo, de xeito que o acueduto non era vital, senón unha construción prestixiosa, destinada ao subministro das termas, baños e outras fontes cidadás.

Foi construído por enteiro sen auxilio de morteiro, mais os bloques pétreos -algúns de seis toneladas de peso- están sostidos con pezas de ferro. Son de pedra calcárea, obtidos dunha pedreira situada a menos de 1 km do monumento. Os perpiaños eran erguidos por medio dunha roda, movida polos obreiros, que fornecía a potencia necesaria a unha cabria. Para soster a ponte foi precisa unha andamiaxe complexa, da que fican trazas na fachada da ponte como sinais de apoios e arestas saíntes nas pilastras. Suponse que a contrución debeu durar tres anos, empregándose entre 800 e 1.000 obreiros no obradoiro.

O mestre de obras, descoñecido, debeu ser un extraordinario enxeñeiro. A Pont du Gard presenta, de feito, unha característica única na Antigüidade: cada unha das grandes bóvedas resulta da xustaposición de varias bóvedas independentes (catro no corpo inferior e tres no segundo), o que outorga ao conxunto a capacidade de adaptarse a lixeiros movementos e deterioros, inevitábeles co paso de tempo. Xunto aos excelentes fundamentos da obra e da construción, de seguro permitiron resistir o paso dos séculos á Pont du Gard. Esa partición da bóveda á xeito de aneis independentes non se atopa máis que na zona de Narbona: pontes romanas de Sommières, Boisseron, Ambrussum, Nages e Solorgues.

O conduto da auga, sito no terceiro nivel ou corpo, está construído de morteiro e cascallo, con a paredes de morrillo. Ten asegurada a súa estanqueidade cunha recubrición por medio doutro morteiro vermellizo (misturado con barro de tella). As dimensións dos túnel permiten que un home poda facer as reparación con comodidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pont du Gard

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]