Pomba de Basilea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pomba de Basilea (Basler Taube en alemán) é o nome que recibe o primeiro selo postal que emitiu o cantón suízo de Basilea o 1 de xullo de 1845. Foi o terceiro cantón en emitir selos, tras Zürich e Xenebra. O selo tivo validez ata o 30 de setembro de 1854.

O selo tiña un valor de 2 1/2 rappen e foi o primeiro selo multicolor (branco, vermello e azul claro) e en relevo. O selo representa unha pomba branca nun escudo vermello enmarcado polas letras STADT-POST-BASEL (correo urbano de Basilea), xa que eran selos locais só válidos para o envío de correos dentro do cantón. O selo foi deseñado polo arquitecto Melchor Berri pero produciuno a compañía alemá Krebs, con sede en Frankfurt do Main.

Existe tamén un selo de cores vermella, verde e negra, que se emitiu como ensaio sen validez postal.