Polseres vermelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polseres vermelles
FormatoDrama
Creado porAlbert Espinosa
Dirixido porPau Freixas
Oriol Ferrer
IntérpretesÀlex Monner
Igor Szpakowski
Joana Vilapuig
Marc Balaguer
Mikel Iglesias
Nil Cardoner
País de orixeEspaña
Lingua(s)Catalán
/ castelán (TNT)
Produción
Duración45 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTV3 (Televisió de Catalunya)
Primeiro episodio24 de xaneiro de 2011
Na rede
http://www.tv3.cat/polseres-vermelles
IMDB: tt1698292 Filmaffinity: 476338 Allocine: 11533
Facebook: polseresvermelles Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Polseres vermelles é unha serie de televisión catalá emitida por TV3 (Televisió de Catalunya) en 2011,[1] creada e escrita por Albert Espinosa, dirixida por Pau Freixas e coproducida por ambos.[2]

A serie conta a historia dun grupo de mozos e mozas que coinciden nun hospital por mor das súas enfermidades, e fala da amizade, as ganas de vivir e o afán de superación. O guión orixinal estaba pensado para durar catro tempadas, pero TV3 só gravou dúas.

Repartimento[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Actor/Actriz Personaxe Descrición
Àlex Monner Lleó O líder. Ten 15 anos e hai dous que está internado no hospital. Ten cancro e unha perna amputada. É o compañeiro de habitación de Jordi.
Igor Szpakowski Jordi O segundo líder. Chega ao hospital cando empeza a serie. Ten 14 anos, ten cancro e teñen que amputarlle unha perna.
Joana Vilapuig Cristina A moza. É a única rapaza dos "Polseres". Vive noutra planta e padede anorexia.
Mikel Iglesias Ignasi O guapo. Chega por un desmaio e quédase no hospital. Nun principio non quere amigos, pero como ten que quedar un tempo no hospital únese aos "Polseres". Padece do corazón.
Marc Balaguer Toni O listo. É o máis maior dos "Polseres", pero parece un neno pequeno. Ten a síndrome de Asperger e iso faino ser un pouco estraño. Entra no hospital por un accidente de moto.
Nil Cardoner Roc O imprescindible. É o neno do grupo. Está en coma por unha caída dun trampolín dunha piscina. A súa nai sempre vai velo e fala con el. Ten unha relación moi especial con Toni, co que pode falar aínda que estea en coma. Cando desperta demostra que oíu todo o que pasou no tempo que estivo ausente.

Personaxes secundarios[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Capítulo En TV3 En Antena 3 (versión que se puido ver en Galicia)
Nome Data de emisión Espectadores Share Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
1 Respecte 24 de xaneiro de 2011 459.000 14,2% Todos los grupos tienen seis tipos de personas 9 de xullo de 2012 3.031.000 17,8%
2 Esperança 31 de xaneiro de 2011 503.000 14,8% Las pérdidas pueden ser ganancias y las ganancias pueden ser pérdidas 9 de xullo de 2012 3.132.000 20,7%
3 Alegria 7 de febreiro de 2011 463.000 15,4% Debes detenerte y mirar a tu alrededor para saber dónde quieres ir 16 de xullo de 2012 2.716.000 17,5%
4 Diversió 14 de febreiro de 2011 478.000 15,6% Noches de lluvia en el hospital 16 de xullo de 2012 2.809.000 19,9%
5 Suport 21 de febreiro de 2011 475.000 14,8% La decisión correcta 23 de xullo de 2012 2.507.000 16,1%
6 Justícia 28 de febreiro de 2011 512.000 16,3% Tarde de domingo 30 de xullo de 2012 2.425.000 15,9%
7 Supremacia 7 de marzo de 2011 447.000 14,3% Noche de San Juan 6 de agosto de 2012 2.091.000 14,2%
8 Empatia 14 de marzo de 2011 489.000 15,9% Pérdidas y ganancias 13 de agosto de 2012 1.835.000 14,0%
9 Tristesa 28 de marzo de 2011 501.000 15,6% La búsqueda del sueño 20 de agosto de 2012 1.945.000 14,2%
10 Acceptació 4 de abril de 2011 586.000 18,3% Dividir la vida para que se multiplique 27 de agosto de 2012 2.043.000 13,7%
11 Preocupació 11 de abril de 2011 562.000 17,1% Grandes problemas y pequeños problemas 3 de setembro de 2012 2.550.000 14,9%
12 Organització 18 de abril de 2011 522.000 18,3% ¿Hay un ángel en el hospital? 10 de setembro de 2012 1.839.000 12,5%
13 Superació 2 de maio de 2011 656.000 21,6% El fin 17 de setembro de 2012 2.407.000 15,6%

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]