Polo (xeado)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un polo verde.

O polo[1] é un xeado feito con auga, colorantes, saborizantes e azucre, de forma alongada e cun pau que o atravesa para tomalo.

Faise conxelando o líquido ao redor dun pau de maneira similar a unha piruleta.

Polo é unha marca rexistrada que pasou á linguaxe común nalgúns países, tamén ao galego[2].

Tamén existen polos elaborados a base de leite, os cales polo xeral van cubertos por unha capa de chocolate e, en ocasións, levan algún recheo (que pode ser leite condensado ou algún xarope), pero estes adoitan denominarse máis ben bombón xeado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xeado de auga cun pau que lle serve de mango. Fonte: VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Denominación en galego en Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]