Polinesia Francesa - Polynésie française
| Polinesia Francesa - Polynésie française | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Polinesia Francesa é unha Colectividade de Ultramar Francesa (Collectivité d'outre-mer) localizada ao sur do Océano Pacífico. Está composto de varios grupos de illas polinesias, sendo Tahití, nas Illas da Sociedade, a máis famosa e poboada delas. A capital, Papeete, localízase nesta illa.
Índice |
[editar] Administración
Entre 1946 e 2003, a Polinesia Francesa mantiña o status de Territorio de Ultramar (Territoire d´outre-mer). Desde 2004, é unha Colectividade de Ultramar (Collectivité d´outre-mer).
[editar] Historia
Francia anexionouse varias illas Polinesias durante o século XIX. A Polinesia Francesa localízase nun área de alta actividade sísmica. En setembro de 1995, Francia foi obxecto de severas protestas como resultado dos ensaios nucleares realizados no atol de Mururoa. As probas foron suspendidas en xaneiro de 1996.
[editar] Xeografía
As illas da Polinesia Francesa suman un total de 4.167 km² -dos que 3.265 corresponden a illas habitadas- e atópanse esparexidas sobre 2.500.000 km² de océano. Está composta por varios grupos de illas de orixe volcánica ou coralina, sendo a máis grande Tahití.
Os grupos de illas son:
- Illas Austrais.
- Illas de Bass (frecuentemente consideradas parte das illas Austrais).
- Illas Gambier.
- Illas Marquesas.
- Illas da Sociedade.
- Arquipélago Tuamotu.
Entre as illas e atois principais destacan Bora Bora, Hiva´Oa, Huahine, Maiao, Maupiti, Mehetia, Moorea, Nuku Hiva, Raiatea, Tahaa, Tetiaroa, Tubuai e Tupai.
[editar] Economía
A economía da Polinesia Francesa é medianamente desenvolvida, a cal depende dos insumos importados, turismo e asistencia financeira provenientes de Francia. Existen instalacións turísticas ben desenvolvidas e dispoñibles nas principais illas. A moeda de curso legal é o Franco CFP, e aínda que algúns comerciantes aceptan moedas estranxeiras, a maioría dos turistas ven decepcionados pola negativa destes para recibir dólares ou calquera outra divisa. Despois do 1 xaneiro de 1999, a paridade é fixa : 100 CFP = 0.8380 Euros; 1 Euros= 119.33 CFP.
[editar] Poboación
De acordo ao censo de 2002, a poboación total era de 245.405 habitantes, o 83% dos cales era de orixe polinesia, o 12% caucásica e o 5% asiática. Ese mesmo ano, o 69% do total da poboación da Polinesia Francesa vivía na illa de Tahití. A área urbana de Papeete, a cidade capital, contaba con 127.635 habitantes.
[editar] Transporte
Aínda que a maioría das principais estradas están pavimentadas e ben conservadas, moitas das vías secundarias non o están.
[editar] Educación
A educación é proporcionada por Francia. A Polinesia Francesa conta cunha universidade, a Universidade da Polinesia Francesa (Université da Polynésie Française UPF), localizada en Faa´a en Tahití. Esta é unha pequena universidade que conta con 2.000 alumnos. Luís Peltzer, antigo ministro de cultura da Polinesia Francesa foi electo presidente da universidade durante 5 anos. Existen aproximadamente 60 investigadores na universidade.
[editar] Ligazóns externas
- (en francés) Site oficial Presidencia da Polinesia francesa
- (en francés) Site oficial Alto-Comisariato da Republica en Polinesia francesa
- (en francés) Turismo de Tahití
- (en francés) Delegación da Polinesia francesa
- (en francés) Comparación estendida Polinesia - Europa
- (en francés) Universidade da Polinesia francesa
