Polinémidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polydactylus octonemus

Os Polinémidos (Polynemidae) son unha familia de peixes da orde dos Perciformes, tanto mariños como de auga doce. Están distribuídos por tódolos mares tropicais e subtropicaies do mundo. O nome da familia vén do grego poly (moitos) e nematos (filamentos).

Características[editar | editar a fonte]

A boca ábrese na parte inferior da cabeza (subterminal). Dúas aletas dorsais moi separadas, unha espiñosa e outra de radios brandos; a anal oposta á dorsal branda, cunha espiña anterior; as pélvicas son subabdominais, cunha espiña e 5 radios brandos; a caudal está profundamente furcada. As aletas pectorais están divididas en dúas seccións: a anterior é pequena, con radios unidos por membrana, e a posterior con 3 a 7 longos radios soltos (excepto no xénero Polistonemus, con 15 radios), o que lles dá un aspecto como de ter barba ó que se debe o nome común de barbudos.

Aliméntase de invertebrados bentónicos da arena que desenterra do fondo de lama.

Pode alcanzar 1,8 m de lonxitude máxima (para Eleutheronema tetradactylum).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Eleutheronema tetradactylum

Comprende oito xéneros e máis de 30 especies:

  • Xénero Eleutheronema (Bleeker, 1862)
  • Xénero Filimanus (Myers, 1936)
  • Xénero Galeoides (Günther, 1860)
  • Xénero Leptomelanosoma (Motomura y Iwatsuki, 2001)
  • Xénero Parapolynemus (Feltes, 1993)
  • Xénero Pentanemus (Günther, 1860)
  • Xénero Polydactylus (Lacepède, 1803)
  • Xénero Polynemus (Linnaeus, 1758)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Polinémidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polinémidos