Polidextrosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A polidextrosa E 1200 é un substituto do volume de azucre pero non do seu sabor doce utilizado en varias aplicacións alimentarias como alimentos e bebidas dietéticas, suplementos dietéticos, chocolates, caramelos, Snacks, doces, marmeladas, lambetadas, xeados artesá se industriais, galletiñas, tortas, repostería, iogures, bombóns de froita .

A polidextrosa actúa como axente de masa, espesante, estabilizante, humectante e axente de firmeza. É un carbohidrato especial cun 90 % de fibra. Achega 1 kcal/gr. É un substituto da graxa, permitindo mellorar a sensación dos alimentos na boca, a padalabilidade dos mesmos.

A polidextrosa e un similar da mesma, a maltodextrina, non aportan calorías porque o corpo non as pode dixerir. Resultan moi apropiadas para a preparación de produtos de pastelería, xa que dan ó alimento esponxosidade e textura, calidades que se perden ó substituír o azucre normal por outros edulcorantes. As súas claras vantaxes non implican que se podan usar arbitrariamente, pois o seu exceso pode producir diarrea.